Pastoral
|
Entendemos por Pastoral todo proceso que constrúe a escola segundo os valores do Evanxeo; propicia o encontro da persoa con Xesucristo, acompáñaa no seu crecemento e prepáraa para inserirse na sociedade e colaborar na súa transformación. A nosa proposta Pastoral aborda moitas dimensións: a interioridade, o sentido de comuñón, o compromiso, a solidariedade, a celebración… Está aberta a todos os que se sintan convocados a vivilo no marco educativo e compartindo un Proxecto común. |
A Pastoral impregna todo o noso labor docente. A visión humanista cristiá de Santa Xoana é a guía que sostén calquera actividade do colexio.
Os obxectivos da pastoral son:
1.- A persoa e a súa educación integral.
2.- Promover a formación do profesorado e potenciar a pastoral desde todos os plans do centro.
3.- Educar a intelixencia emocional e colaborar no desenvolvemento da educación da interioridade.
4.- Programar e coidar as celebracións relixiosas.
Estes obxectivos desenvólvese no ámbito escolar a través dunhas ofertas e propostas concretas para o alumnado:
- Ensinanza relixiosa escolar.
- Celebracións.
- Acción titorial.
- Solidariedade e Educación para Desenvolvemento.
- Educación da Interioridade.
No ámbito extraescolar, espazo complementario, voluntario e privilexiado de acompañamento no crecemento na Fe, tamén ofrece:
- Preparación e celebración de Sacramentos.
- Voluntariado.
- Grupos Lestonnac.
- Rede Laical Compañía de María.