Educación Competencial
Desexamos que os nosos alumnos Aprendan a aprender para toda a vida, e asi se fága real unha liña pedagóxica do noso Proxecto Educativo: "Cabezas ben feitas máis que ben cheas". No noso colexio desenvolvemos as distintas capacidades, intelixencias e competencias dos nosos alumnos. A educación por competencias pretende a integración do coñecemento buscando que as aprendizaxes sexan máis funcionais, aplíquense a distintos contextos e sexan transferibles. Potenciamos a autonomía, a autorregulación, a motivación por aprender, o coñecemento interdisciplinar, a experimentación, a cultura de pensamento.... Facémolo a través de programacións diferentes: unidades didácticas, proxectos, talleres, metodoloxías activas… tendo en conta a heteroxeneidade dos grupos, a importancia da avaliación na aprendizaxe, o acompañamento… |
|
En liña coa Recomendación 2006/962/EC, do 18 de decembro de 2006, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente, a Unión Europea considera que “as competencias clave son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o emprego”.
A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o seu dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de ensino e aprendizaxe competencial abórdase desde todas as materias de coñecemento. As competencias non se adquiren nun determinado momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento mediante o cal os individuos van adquirindo maiores niveis de desempeño no seu uso.
As competencias son entón as capacidades para aplicar de xeito integrado os contidos propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización adecuada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos nun contexto determinado.
Os contidos son o conxunto de coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada ensinanza e etapa educativa, e á adquisición de competencias.
As competencias clave do currículo son as seguintes:
– 1º. Comunicación lingüística (CCL).
– 2º. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT).
– 3.º Competencia dixital (CD).
– 4º. Aprender a aprender (CAA).
– 5º. Competencias sociais e cívicas (CSC).
– 6º. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
– 7º. Conciencia e expresións culturais (CCEC).
As COMPETENCIAS CLAVE non só se alcanzan na escola, xa que a familia desempeña un importante papel na adquisición das mesmas. É por iso que, desde o curso 2011-2012, o noso centro traballa tanto cos monitores das actividades extraescolares como con familias voluntarias nun proxecto de implicación conxunta. Así mesmo, animamos á Comunidade Educativa no seu sentido máis amplo a investigar e colaborar no desenvolvemento deste proxecto.