Biblioteca

A biblioteca do Colexio está dentro do PLAMBE (Plan de mellora de Bibliotecas Escolares) pertencente á Consellería de Educación da Consellería.

Consideramos que o proceso lector e sobre todo o hábito da lectura debe ser imprescindible para formar persoas íntegras en todos os aspectos.

Na Biblioteca ofrecemos servizos de aprendizaxe, libros e outros recursos que permiten que o noso alumnado forme un pensamento crítico e aprendan a utilizar eficazmente a información en calquera formato e medio de comunicación. Son moitos os servizos que ofrece a Biblioteca, pero sen dúbida o préstamo de libros é o máis demandado polo noso alumnado. Mochilas viaxeiras, proxectos transversais, computadoras e tabletas, son algúns dos exemplos dos servizos que desde a biblio coordínanse.

No Blogue Leo con Cleo actualízanse frecuentemente as actividades e novidades.