Colexio Plurilingüe Compañía de María - Cangas

Colexio Plurilingüe Compañía de María - Cangas

Club de lectura

O club de lectura considérase unha das fórmulas de maior interese para o fomento da lectura, en xeral, e entre os adolescentes en particular, porque inclúe varias das condicións necesarias para motivar aos lectores e lectoras destas idades.

A finalidade principal é espertar e potenciar o gusto e o pracer pola lectura. Ademais, como obxectivos máis específicos e engadidos ao anterior, están:

  • Desenvolver o hábito lector.
  • Compartir a nosa lectura con outros compañeiros e compañeiras.
  • Potenciar a lectura como fonte de diversión e aprendizaxe.
  • Mellorar, a través da lectura o vocabulario, a comprensión lectora, así como a expresión oral e escrita.
  • Traballar as competencias básicas como a Comunicación Lingüística, Aprender a aprender, Cultural e artística, Social e cidadá, e Autonomía e desenvolvemento persoal.
  • Coñecemento de obras e escritores  galegos.
  • Fomentar o traballo en equipo (desenvolvendo actividades de centro e participando no coidado e organización da nosa biblioteca escolar).
Admisións