Ricos e nutritivos menús elaborados pola empresa Seral seguindo as orientacións da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición. Cociña propia. Os menús pódense adaptar a calquera dieta (branda, celiaco, intolerancias, etc.)
O servizo inclúe a comida, a atención e o coidado do alumnado antes do inicio das clases. De 3º a 6º de EP inclúe tamén un momento de estudo vixiado. A ESO conta tamén con este servizo os luns.
O prezo do servizo de comedor é de 6,20 € por día lectivo para os usuarios mensuais e de 7,50 € diarios para os que fagan un uso esporádico deste servizo.
Accedendo a "Menú" e introducindo o código LX180150 atoparás toda a información nutricional e de alérxenos.