Colexio Plurilingüe Compañía de María - Cangas

Colexio Plurilingüe Compañía de María - Cangas

Construíndo a miña imaxe. Eu son protagonista

O proxecto "Construíndo a miña imaxe / Eu son protagonista" vai dirixido ós alumnos de educación infantil 3, 4 e 5 anos e as súas familias. Está encamiñado a conseguir un mellor  desenvolvemento integral de cada un dos nosos alumnos. Engloba varios aspectos que integran o crecemento persoal do alumno, para coñecerse mellor a si mesmo e poder mostrar así ós demais a súa propia identidade. Abrangue aspectos relacionados coa propia imaxe, a familia, a autonomía, os gustos persoais…., dentro dun traballo en colaboración coas familias, que se inicia na aula de tres anos e remata ó final da etapa infantil. 

O traballo vertébrase en 3 proxectos:

  • En educación Infantil 3 anos: “O collage do protagonista”.
  • En educación infantil 4 anos: “O libro viaxeiro do protagonista”.
  • En educación infantil 5 anos: ”O conto viaxeiro”.
Admisións