Faro da Escola é o proxecto editorial de Faro de Vigo que pretende achegar a prensa e os xornais aos centros educativos da cidade de Vigo e a súa área metropolitana.
A importancia da información e a maneira de facer periodismo en diferentes soportes, son os eixos vertebradores deste proxecto educativo. Faro de Vigo, trata de fortalecer o vínculo entre prensa de cercanía e educación, e para iso propón aos centros educativos a realización dun xornal.