A mediación entre iguais é un método alternativo de resolución de conflitos no que existe un terceiro (alumno/a mediador ou mediadora) que colabora coas persoas involucradas no problema, axudándoas a mellorar a comunicación entre elas para que intenten atopar unha solución.
As vantaxes que ten a mediación entre iguais son as seguintes:
- Fomenta o uso do diálogo.
- Promove unha aprendizaxe de procesos que levan a buscar solucións propias.
- Anima a empregar solucións de conflitos de xeito non violentos.
A mediación ten como finalidade a resolución de conflitos que xurdan e teñan lugar no recreo, como por exemplo: malos entendidos, diferenzas de opinión, discusións, amizades que se deterioraron…
En ningún caso se intervirá en situacións de acoso escolar ou agresións físicas consideradas graves.
Os alumnos mediadores son alumnos de 5º ou 6º de Ed Primaria aos que se lles forma en aspectos relacionados coa mediación, escoita e emocións, análise de situacións, construción de solucións e práctica e redacción de acordos. Despois desta formación e de informar ao resto de alumnado de primaria en que consiste a mediación entre iguais, os alumnos interesados poden solicitar a intervención dos mediadores para resolver os seus conflitos.