O Programa de seguimento de lixos mariños en praias de Cangas é un proxecto de investigación realizado polos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO do Colexio Compañía de María de Cangas, coordinados polo seu profesor.
O Proxecto ten como socio colaborador á empresa Frigoríficos del Morrazo, S.A.
Consideramos lixo mariño a calquera sólido persistente de orixe non natural (producido ou transformado polo home), que sexa rexeitado, depositado ou abandonado en ambientes mariños e/ou costeiros.
Obxectivos:
- Iniciar aos alumnos na investigación seguindo o método científico.
- Promover a educación medioambiental dos alumnos.
- Realizar unha certa limpeza das praias obxecto de estudo.
- Dar a coñecer o estado das nosas praias á cidadanía e ás autoridades competentes.
- Promover a concienciación cidadá no coidado do medioambiente.
Acceso á web do proxecto aquí.